domingo, 24 de agosto de 2014

Festival do Castro




Con pouco máis de catro horas de sono durmidos, venme a mente aquel día de fai xa nove anos nos que unhos cantos veciños nos citaron a unhos cantos rapaces e non tan rapaces na que fora cámara agraria de Pantón para contarnos que querían recuperar o Festival do Castro. Aquel festival que no 1979 fixo que unha vila como Ferreira -na que se eras de aldea, falabas galego, eras socialista,nacionalista ou comunista xa te miraban mal- se sentase enteira como hippies no chan para ver a Fuxan os Ventos creando unha das estampas máis fermosa da cultura galega de todos os tempos.

Desquiciados mentais parcéronme cando o propuxeron. Pero non sei moi ben como, ao ano seguinte alí estabamos todos cunha camiseta azul ceo, como se dunha secta se tratase, rodeados de música e empanada.

Pasaron os anos, moitas caras novas se uniron o proxecto, outros botámonos a un lado. Básicamente no meu caso e no de outros porque estar na organización dalgo así, por pouco que fagas, conleva moitísimo tempo e forzas como nadie pode imaxinar. Caeron gobernos, bipartitos e subvencións, pero tirouse para adiante. Reitero, non sei como -sí que o sei-, tirouse para adiante sen perder nada de calidade nin de maxia. Mentres, as quechuas seguían crecendo debaixo das árbores ano a ano.

Onte ás catro da maña miraba para ó alrededor e vía xente de toda Galicia disfrutando do parque no que crecín, co Val de Lemos de fondo. Mirei para o escenario e vía voluntarios aguantando o sono e as ganas de festa. Miraba para a barra e veía voluntarios servindo durante horas sen cobrar un peso. Voluntarios todos, que non é que levaran doce horas seguidas currando, senon meses enteiros. Moitos deles meses antepoñendo o Festival a todo, antepoñendoo coma a maior das prioridades.

E eso é polo que me gusta tanto este festival. Non porque o teña o lado da casa, nin porque teña o tamaño xusto para non ser nin pequeno nin agobiante, nin polo bo rollo que hai, nin porque esté ca xente ca que aprendin a andar en bici de pequeno, nin polos concertos, nin pola festa. Senon porque cando vexo a xente currando como curra para que esto salga adiante doume conta que o Festi ten a capacidade única de sacar o mellor de cada un para poñelo o servizo de todos. Saca a boa persona que a peña leva dentro.

Desde aquí o meu homenaxe e admiración a todas as jefas e jefes, que co seu traballo e esforzo, fan posible esta animalada todos os anos.


E sobre todo aos que tuveron o valor no seu día de poñerse a resucitar o proxecto.




Ojalá que por moito tempo: Festival do Castro!!!