viernes, 17 de mayo de 2013




O día que a xente comprenda que un idioma é algo máis que unha ferramenta para comunicarse, o día que a xente comprenda que defender un idioma en concreto non ten porque estar ligado a ningún sentimiento independentista, o día que a xente comprenda que un idioma forma parte da alma dunha terra e da esencia dunha colectividade de xente, o día que a xente comprenda o valor dunha lingua e a necesidade de protexela como quen coida un parque natural... 





Ese día, será o auténtico día das Letras Galegas.








sábado, 11 de mayo de 2013

As Forenses



Son moitos os males que ten o noso mundo político actual. Pero todos estos poderíanse resumir quizáis en tres: a sua falta de independencia (neste momento respecto ao poder económico – empresarial), a abundancia de hipocresía, e a creencia popular (nunca mellor dito) de que o Código Penal e o castigo son os mellores remedios para todos os males do noso país.

A min o aborto se vos son sincero non é algo que me guste. Moitos dicen que é un asesinato. Eu non son quen para decir se sí, ou se non. E non é que non me queira mollar, xa vos estou a dicir que non me gusta. Pero penso que ten que ser a ciencia a que o diga, e non a moral de cada un. Pero a verdade é que non podo evitar velo como algo negativo, xa non pola propia interrupción da xestación, senón polo trauma que ten que supor para unha muller pasar por un trance esí.
Pero independientemente de como o consideremos, do que non cabe duda é que é unha realidade que sempre, sempre, existiu e existirá.Tanto nas etapas da historia do noso país na que estaba castigado como delito polo Código Penal, como nas etapas nas que o estaba menos.

Un fenómeno calado por vergonza das familias que só que buscásemos un pouco na historia do noso rural galaico encontraríamos historias aterradoras de velliñas que ían de casa en casa, “as forenses” lle chaman nalgúns sitios, practicando abortos sen ningún tipo de hixiene. Pero se buscásemos un pouco máis, esta vez na historia das nosas urbes (sen irnos demasiado atrás no tempo)  encontraríamonos con historias verdadeiramente aterradoras de mulleres as que lle eran practicados abortos  enriba das mesas dos comedores do seu salón.

Polo tanto o único que pido e que nos deixemos de ser hipócritas. O aborto existiu sempre, e seguirá existindo. E porque se lle impoñan castigos penales, porque se desregule legalmente… non vai deixar de existir. Todos estamos dacordo en que é algo negativo (incluso quen o defende como dereito) polo tanto o camiño a priori é o que xa estabamos a seguir: unha boa educación sexual e ver dunha vez por todas o sexo como algo natural. Igual de natural que é nacer, crecer, comer, chorar, rir e morrer . Volver hacia políticas co penalizan, co distancian das mulleres, o único que consegue é poñer en xogo a vida e a dignidade de moitas mulleres. Está comprobado que desregular, penar o aborto, non reduce o seu número.


Por Deus, non deixemos que volvan as aborterías de barrio.
Nunca máis.