viernes, 1 de febrero de 2013

II República Española. Nefasta para quen?




 -- Publicado orixinalmente no blog das Xuventudes Socialistas de Ourense --



Se analizamos obxectivamente a historia de España despois do pronunciamento do xeneral Martinez Campos (na etapa chamada Restauración Borbónica) poderemos ver que dende 1874 ata 1931 militares, monárquicos e xerarquía católica convertíronse nos que manexaban España dende a sombra ao igual que hoxe en moitos ámbitos o fan "Os mercados".

Dende a chegada da II República, o 14 de Abril de 1931, todos estes poderes fácticos declaráronlle unha guerra aberta a mesma. Habendo incluso pastorais de bispos da seguinte semana á do 14 de abril do 31 -incluído o de Ourense - dicindo que era un “réxime endemoñado”, porque sabían que o obxectivo de todos os republicanos (dende os de esquerdas aos de dereitas, que tamén os había) era modernizar España para que deixase de ser un estado de papaostias e campesiños analfabetos (con todo o meu respeto aos campesiños).


A República certo é que non era perfecta, e que tivo algún exceso lexislativo. 


Pero non se lle pode atribuír a un estado, a unhos gobernos, atrocidades levadas a cabo por persoas supostamente de esquerdas e que nada tiñan que ver con calquera poder lexislativo ou executivo da época. Porque o estado republicano sempre lle fixo fronte aos actos ilegais, ao igual que o noso estado de dereito actual lle fai fronte aos terrorismos, disturbios e similares. A II República e as súas leis non defendían a tortura e a vinganza indiscriminada. As leis franquistas si, porque o franquismo foi un réxime que naceu matando e torturando. Morreu matando e torturando.

O golpe de estado, e a súa guerra civil posterior non foron froito de malos gobernos. Foron froito de militares resentidos e rancios que non soportaron que se modernizase o exercito e se lles quitase o poder que tiñan.


Non foi froito de que pseudocomunistas psicópatas violasen monxas e matasen curas. Foi froito de que un estado laico puxese a Igrexa (á xerarquía da Igrexa) no sitio que lle correspondía.

O que matou á República non foi que ésta “fose un caos" como dixo hoxe algunha madrileña. Á II República asesinouna un golpe de estado e unha guerra promovida por ignorantes que berraban "Muera la inteligencia, viva la muerte".


Por iso onte, hoxe, e sempre:

Viva a República Española
José Antonio Nóvoa Fernández
Sº de Organización de Xuventudes Socialistas de Ourense